Idioma

  • Español
  • English

Busca e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia

BRIEGAL é unha asociación inscrita no rexistro nacional de asociacións do Ministerio do Interior como unha organización de axuda humanitaria e cooperación ao desenvolvemento.

Nacemos coa intención de prestar un grupo de rescate que actúe dende os primeiros minutos dunha catástrofe, ofrecendo ás autoridades do lugar un equipo especializado conformado por profesionais que actúan baixo as ordes da organización de maneira voluntaria. O grupo de rescate engloba a diferentes profesionais de distintos servizos de bombeiros e da sanidade de Galicia.