Idioma

  • Español
  • English

SIMULACRO EQUIPOS USAR EN FERROL

O pasado 26 de Xuño ten lugar no antigo cuartel Sánchez Aguilera de Ferrol un simulacro de gran catástrofe, actividade encadrada no programa de formación do grupo de rescate de Briegal. No evento, que pretendía simular a explosión dun camión cisterna cargado con substancias perigosas estacionado nunha área residencial, participaron grupos de Bombeiros Ferrol, Bombeiros Navantia, Bombeiros Narón, ONG Acción Norte, Unidade Canina de Rescate do Principado de Asturias, Asociación de Cans de Salvamento de Galicia e Briegal, ademais de contar coa colaboración do Concello de Ferrol, Cruz Vermella e diversas empresas relacionadas co sector das emerxencias.
O exercicio consistiu nun traballo de procura e rescate durante 12 horas de maneira ininterrompida na que os grupos se poñen ao servizo do Posto de Mando, o cal coordina a actuación dos mesmos en diversos sitios de traballo.
Desenvolvéronse os seguintes traballos:

  • Procura en entullos
  • Procura e rescate en espazos confinados
  • Apontoamentos
  • Rescate vertical mediante uso de cordas
  • Rescate en vehículos
  • Rescate mediante corte e penetración en elementos horizontais e verticais.


O simulacro sáldase cun resultado positivo, por unha banda o noso equipo continúa fortalecendo as súas capacidades de rescate e por outro compartimos dinámicas de traballo con outros grupos, sempre positivo para coñecer outras dinámicas e para mellorar a coordinación no caso de que sexa necesario.


Últimas novas

  • Briegal recibe unha subvención da Xunta de Galicia para un microproxecto de cooperación no Perú
    Briegal recibe unha subvención da Xunta de Galicia para un microproxecto de cooperación no Perú

    A ONG Briegal foi beneficiaria dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia, no marco da convocatoria de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior correspondente ao ano 2026. Esta axuda permitirá a execución do microproxecto “Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, con participación de…

  • Briegal participa na misión de resposta ao terremoto en Venezuela
    Briegal participa na misión de resposta ao terremoto en Venezuela

    A ONG Briegal participou na misión de apoio e resposta humanitaria despregada tras o terremoto rexistrado en Venezuela, co obxectivo de colaborar nas tarefas de busca, rescate e asistencia á poboación afectada. Durante a intervención, o equipo de Briegal integrouse nun dispositivo internacional de emerxencia, achegando a súa experiencia en operacións en contornos complexos e…

  • Misión Cumprida en Puno: Galicia Impulsa un Proxecto Pioneiro de Rescate Binacional
    Misión Cumprida en Puno: Galicia Impulsa un Proxecto Pioneiro de Rescate Binacional

    O pasado 30 de novembro, a ONG Briegal deu por finalizada con éxito a primeira fase do seu proxecto de cooperación en Puno (Perú), logrando un fito sen precedentes no país: a creación do primeiro Grupo de Rescate Acuático Binacional, que integra profesionais peruanos e bolivianos. Este proxecto, denominado “Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias…