Idioma

  • Español
  • English

Regreso do equipo de rescate de Libia

20 Septembro 2023

Xa están na casa os membros do noso equipo e os compañeiros de Casaga, despois dunha longa viaxe de volta que se complicou pola situación que atravesa o país. Despois de aterrizar en Madrid de madrugada, chegaron a mediodía a Ferrol tras viaxe por carretera.

En total 7 días de misión desenrolando tarefas de busca e rescate na cidade de Derna, principal localidade afectada pola tormenta Daniel, que deixa 10000 falecidos e máis de 20000 desprazados.

O equipo, que foi condecorado polo ministro de Crisis de Libia, recibiu igualmente o agradecemento do embaixador español no país africano.

Nova nos medios:

La Voz de Galicia

Diario de Ferrol

enfoques.gal


Últimas novas

  • XVII Premio Solidario Concello de Ferrol
    XVII Premio Solidario Concello de Ferrol

    A Asociación Briegal foi galardoada co premio do concurso solidario convocado polo Concello de Ferrol, dotado con 4.000 euros, grazas ao seu proxecto “Reducción de la vulnerabilidad ante incendios forestales en Perú”. Esta iniciativa ten como obxectivo principal reducir o impacto dos incendios forestais nas comunidades máis desfavorecidas do Perú, promovendo a prevención, a educación…

  • Convenio de Cooperación co Fondo Galego de Cooperación
    Convenio de Cooperación co Fondo Galego de Cooperación

    A asociación, que integra a diferentes administracións galegas, suma o seu apoio ao noso proxecto en Perú para dotar de equipos de protección individual e formación no seu uso para a loita contra os incendios forestais a bombeiros voluntarios do país andino. Unha axuda sen dúbida imprescindible, que permitirá sufragar parte dos gastos do proxecto.

  • A Xunta de Galicia doa material para a campaña de axuda a Perú
    A Xunta de Galicia doa material para a campaña de axuda a Perú

    A Consellería do Medio Rural fainos entrega de equipos de protección individual para a loita contra os incendios forestais. O material, equipos en desuso da consellería, consiste en traxes ignífugos, cascos, botas e máscaras que supoñerán unha gran axuda para os intervenientes no combate contra os incendios forestais de Perú.