Idioma

  • Español
  • English

Campaña axuda incendios forestais en Perú

Perú atópase en estado de emerxencia nacional por culpa dos incendios forestais que arrasan parte do país. Desde Briegal lanzamos unha campaña e recollida de fondos e material específico para axudar ao traballo que os bombeiros da zona de Curahuasi – Abancay están a desenvolver con moi poucos medios.

Doazóns en efectivo: Para compra de materiais e envío. Mediante transferencia bancaria no número ES70 2100 1831 3902 0039 1470 ou no link de Paypal da nosa web

Doazón de material: As empresas ou particulares que desexen achegar equipo especializado poden contactar coa ONG para coordinar a entrega.

  • Equipos de protección indivdual de loita contra o lume (traxes ignífugos, cascos, botas, luvas, máscaras, lentes).
  • Doazón de material: As empresas ou particulares que desexen achegar equipo especializado poden contactar coa ONG para coordinar a entrega.

Últimas novas

  • Briegal recibe unha subvención da Xunta de Galicia para un microproxecto de cooperación no Perú
    Briegal recibe unha subvención da Xunta de Galicia para un microproxecto de cooperación no Perú

    A ONG Briegal foi beneficiaria dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia, no marco da convocatoria de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior correspondente ao ano 2026. Esta axuda permitirá a execución do microproxecto “Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, con participación de…

  • Briegal participa na misión de resposta ao terremoto en Venezuela
    Briegal participa na misión de resposta ao terremoto en Venezuela

    A ONG Briegal participou na misión de apoio e resposta humanitaria despregada tras o terremoto rexistrado en Venezuela, co obxectivo de colaborar nas tarefas de busca, rescate e asistencia á poboación afectada. Durante a intervención, o equipo de Briegal integrouse nun dispositivo internacional de emerxencia, achegando a súa experiencia en operacións en contornos complexos e…

  • Misión Cumprida en Puno: Galicia Impulsa un Proxecto Pioneiro de Rescate Binacional
    Misión Cumprida en Puno: Galicia Impulsa un Proxecto Pioneiro de Rescate Binacional

    O pasado 30 de novembro, a ONG Briegal deu por finalizada con éxito a primeira fase do seu proxecto de cooperación en Puno (Perú), logrando un fito sen precedentes no país: a creación do primeiro Grupo de Rescate Acuático Binacional, que integra profesionais peruanos e bolivianos. Este proxecto, denominado “Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias…