
A ONG Briegal foi beneficiaria dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia, no marco da convocatoria de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior correspondente ao ano 2026.
Esta axuda permitirá a execución do microproxecto “Fortalecemento transfronteirizo da xestión de emerxencias ante inundacións e riadas nas rexións do sur de Perú, con participación de equipos de Bolivia. Fase II”, que se desenvolverá no Perú. O proxecto ten como finalidade reforzar as capacidades de resposta ante emerxencias por inundacións e riadas, promovendo a coordinación transfronteiriza e a participación de equipos de Bolivia en accións de formación, preparación e mellora operativa.
A iniciativa enmárcase no compromiso de Briegal coa cooperación internacional, a redución de riscos e o fortalecemento de capacidades en contextos de vulnerabilidade. A subvención concedida pola Xunta de Galicia contribúe a facer posible esta actuación, que se desenvolverá conforme aos obxectivos e condicións establecidos na resolución de concesión e nas bases reguladoras da convocatoria.
Briegal agradece o apoio da Xunta de Galicia a este proxecto, que permitirá seguir avanzando na mellora da resposta ante emerxencias e na cooperación entre territorios e equipos especializados.
Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia.



